Acabamos de rematar
hai pouco en Historia o tema da I Guerra Mundial no que dedicamos un tempo ao
estudo da propaganda bélica, unha das armas máis importantes que utilizaron
ambos bandos para minar a moral dos inimigos. Os rapaces recrearon carteis onde
os países en conflito chamaban a mobilizarse
e recrutar soldados e animaban ás mulleres a levar o mando deses Estados
mentres os homes estaban na loita.
Despois puxéronse no lugar dun deses soldados, da súa moza ou muller ou da súa nai e escribiron cartas dende as trincheiras ou cara elas para amosar como sentían esas familias
o estar separadas por unha guerra longa e cruenta. Todos documentaron as súas misivas coa información desa época e asumiron o seu papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario