Os rapaces de 4º de ESO tamén estiveron inmersos no proxecto do Concello de Santiago "Enregueifate", para concursar crearon por equipos tres fermosas regueifas, todas elas de temática moi actual.
A primeira regueifa versaba sobre os seus recreos, no que o fútbol o invade todo e ás veces saen do campo con algunha pequena lesión.
A segunda regueifa trataba dos problemas cotiás en 4º de ESO, das materias e dos profesores, pero sempre desde o cariño.
E a terceira falaba do paso polo colexio. Nela cantaban os marabillosos anos de EI, a ilusión de EP e o traballo , valor da amistade e risos que aconteceron es Secundaria.
Foi unha actividade que os enganchou desde o principio. Compuxeron a Regueifa como equipos cooperativos e encantoulles poñela en práctia e concorrer ao concurso do Concello de Santiago.
Foi unha mágoa non ter gañado, pero a ilusión de participar non nola quita ninguén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario