Aqueles homes e mulleres que en Francia se levantaron contra unha autoridade abusiva, contra a falla de dereitos e os privilexios dos estamentos altos inspírannos hoxe para botar unha ollada ao redor e ser conscientes da sorte que temos de vivir no tempo e lugar no que vivimos. Aínda así, os alumnos de 4º ESO non somos alleos aos problemas sociais, as carencias de liberdades, as inxustizas que seguen padecendo moitas persoas no mundo e que son portada día si día tamén dos xornais máis importantes.
Por iso, neste traballo quixemos converternos en líderes de opinión para
arrastrar aos compañeiros a esa
revolución de pensamento na que recoñecemos e avaliamos os problemas e intentamos
inventarlle un remedio. Ademais, trasladamos as nosas propostas a símbolos
propios e orixinais dos movementos e a lemas en pancartas inspiradas
na revolución de 1789 como estas:
A modo de experimento, uns cantos valentes subimos no patio a un “speaker
corner” (o recuncho do orador) improvisado para facer partícipes aos compañeiros das nosas ideas.
Ao mellor logramos que as palabras bonitas que nos enchen a boca ás veces
non se queden soamente niso, en palabras que leve o vento senón que hoxe e
sempre poidamos falar de LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario