Un dos temas de actualidade dos cales podes escoitar falar en calquera medio de comunicación é A Enseñaría Xenética, que é unha das ramas da Bioloxía que máis se está a desenvolver actualmente.
Unha das súas aplicacións, é a obtención de organismos modificados xénicamente ou OMX (transxénicos).
Dende o seu nacemento, suscitaron moita polémica. Existen seguidores fanáticos e detractores acérrimos.
Para poder opinar sobre un tema, hai que ter información. Por iso imos a aprender máis sobre os OMX.
Neste proxecto, os alumnos fixeron unha investigación para saber máis sobre estes produtos. Será interesante saber cales son os OMX máis producidos, que países cultivan a maiorías destes produtos, como están regulados, etc.
E con toda esta información, están a favor ou en contra destes organismos? Remataron argumentando as súas razóns sobre a súa posición.
Como produto final, buscaron un produto modificado xenéticamente e fixeron a destreza de pensamento "Compara e contrasta" entre o produto orixinal e o modificado.
E tamén fixeron un cartel publicitario para o produto escollido.
Aquí quedan algúns dos traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario