Estes días acabamos de estudar en
Historia as revolucións liberais do século XIX para ser conscientes da loita de
moitas persoas que conseguiron que desapareceran os privilexios do Antigo Réxime
e chegaran a igualdade de dereitos, as liberdades e as democracias.
A Revolución Francesa foi o noso
gran referente e resumímola así.
Pero tamén somos capaces de
recoñecer que esa loita continúa hoxe en día, que ás veces a teoría non é a
práctica e as desigualdades (chámense racismo, discriminación de calquera tipo,
violencia…) ensombrecen a convivencia e soamente nós podemos acabar con elas.
Intentar liderar unha revolución
cos temas que lles preocupan aos alumnos de 4º da ESO foi o obxectivo desta tarefa que consistía en elaborar e defender en público un discurso coas nosas reivindicacións e
ilustrar eses contidos nun póster.
Estes son algún fragmentos dos discursos dos rapaces:
Preocúpanos o cambio climático:
“Estou farta de ver que a xente
con voz e voto ve como o Ártico se desxea ou como o Amazonas se queima ou todos
os desastres naturais que están a pasar e non fan absolutamente nada. Pensades
que empregar botellas reutilizables en lugar das de plástico non serve? Que
reciclar é útil? Que o burato no capa de ozono é unha ficción? Que a flora e
fauna non se están a extinguir?
"De verdade custa tanto levantarse a tirar o lixo cando estás na praia?
É un pequeno esforzo que pode salvar moitas especies mariñas”
“Non vos gustaría que os vosos fillos se bañaran tranquilamente sen
que miles de algas invadan o mar, ou ver as estrelas sen que a contaminación o
impida?. Se non facemos nada, o cambio climático ven para quedarse.”
Preocúpanos os dereitos e as liberdades das persoas:
“Queremos un país unido e un
futuro próspero. Que pensas cando che din que a túa xeración ten o peor futuro
que se recorda?”
“Hai xente que ten condicións de vida que non son dignas, que teñen
salarios moi baixos, que non teñen dereito á sanidade, a unha educación básica,
nenos que teñen que traballar para axudar ás súas familias para saír adiante”
“Todos os días vemos no telexornal noticias onde unha muller é
asesinada, pelexas por motivos raciais ou insultos nas rúas simplemente pola
forma de vestir. A realidade é que vivimos nunha sociedade na que moitas veces,
eses dereitos e liberdades son oprimidos polos demais”
“Por que os rapaces sempre somos os malos, os irrespetuosos, os preguiceiros?
Por que eu como muller non podo saír á rúa soa? Por que no mundo hai xente tan
rica e outra tan necesitada?
“Non entendo que haxa nenos aos que lles inculcan valores como a
homofobia, o racismo ou a violencia”.
“Hoxe, mañá e todos os días
imos berrar polas que xa non teñen voz, imos xuntarnos para facer un mundo
mellor libre de violencia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario