viernes, 20 de noviembre de 2020

SOMOS VANGARDISTAS

 



 As vangardas definen a expresión artística como algo autónomo, sen vinculación co mundo real;  de aí que o artista sexa como un pequeno Deus. Antisentimentalismo. Innovación na linguaxe poética.

Neste traballo centrarémonos no Surrealismo, no Dadaísmo e no Cubismo

A palabra surrealista empleouna  por primeira vez Apollinaire en 1917. En palabras de Breton no seu manifiesto de 1924, oSurrealismo é un puro automatismo psíquicopolo cal se intenta expresar, verbalmente ou de calquera outra maneira, o funcionamento real do pensamento en ausencia de calquer control exercido pola razón á marxe de toda preocupación estética ou moral.

O Surrealismo propón unha teoría do inconsciente e do irracional como medio para cambiar a vida, a sociedade, a arte e o home por medio da revolución. Non é un movemento con unidade de estilo, senón unha serie de investigacións de artistas individuais cada un cun estilo propio.

Pois ben, isto é un resumo do aprendido polos rapaces de 4º da ESO nas últimas clases de Literatura galega. Sentíronse vangardistas por unhas horas cando emularon a autores como os antes mencionados acompañados de Tzara, Huidobro e os galegos Luis Amado Carballo, Cunqueiro ou Manuel Antonio.

Comezaron imitando a Bretón , no surrealismo , creando a través da escritura automática. Velaquí algúns dos exemplos:




Máis tarde fixeron caligramas, como se foran Apollinaire:





E por último practicaron o Dadaísmo, imitando a Tristan Tzara, deberían utilizar unha linguaxe incoherente e para iso o seu procedemento habitual era o collage arbitrario:



Foi unha tarefa creativa que fixo que os rapaces aprenderan este tema dunha forma totalmente práctica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario