jueves, 11 de mayo de 2023

VISITA DE ANTONIO FRAGA, AUTOR DE "SANTOAMARO"


 

Antonio M. Fraga, autor de "Santoamaro", lectura de de 4º ESO visitounos hoxe para facer un percorrido polo libro que tanto gustou aos alumnos.

En primeiro lugar explicou como naceu a historia e como desenvolveu os personaxes principais. 

Logo falou de como é ser escritor a tempo parcial, xa que o escritor tamén  é docente nun centro da Coruña. 




 

"Santoamaro" trata do último verán dunha pandilla de amigos antes de empezar a universidade. Ese verán parecía que ía ser incríble e que nada podía separalos, pero a historia non é como se se cre nun principio, senón como acaba.

O alumnado enganchouse á novela e fixeron ao autor unha morea de preguntas ás que Antonio Franga contestou moi amablemente. 

Despois dunha hora de animada charla chegou o momento dos autógrafos.





Moitas grazas pola visita!