martes, 16 de enero de 2024

GREEN MIND



Os alumnos de 4ºESO van participar no proxecto Green Mind en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia.

A GREEN MIND forma parte dunha iniciativa máis ampla chamada EUTeens4Green, patrocinada pola Unión Europea. Trátase dunha convocatoria aberta para financiar accións dirixidas por mozos e mozas que impulsen a transición ecolóxica nas rexiones da UE intensivas en carbono cubertas polo Fondo de Transición Xusta.


A idea deste proyecto nace da convicción de que a voz dos mozos e mozas, se a escoitamos e se fai valer, pode ser a base dun cambio real e concreto. Neste sentido, o obxectivo principal do proxecto é implicar aos alumnos e alumnas e darlles a oportunidad de propoñer posibles solucións para combatir o cambio climático.

A Green Mind (Mente verde) é un proxecto que pretende, en concreto, movilizar e implicar á xuventude para que actúen sobre os seus hábitos e calidade de vida, abordando cuestións coma a alimentación saudable, a movilidade verde e o consumo sostible.



ENFERMIDADES RARAS

Dentro da temática da Xenética, os alumnos de 4º ESO estudaron onde está a información xenética e coma alteracións nesta información pode provocar a aparición de anomalías nos individuos.

Por grupos estudaron un cariotipo. Trala súa análise, fixeron unha exposición oral para explicar ao resto da clase que alteración xenética presentaba e que caracteriza aos individuos que a presentan.

Por outra banda, tamén investigaron sobre as enfermidades raras. Que son? Cales son as máis coñecidas? Por que se chaman así? 

Así que, nada mellor que investigar sobre elas para respostar todas estas preguntas e aprender máis cousas.

Así, investigaron por grupos, a proxeria, a enfermidade de Prader-Willi, a insensibilidade conxénita á dor, o síndrome x-fraxil, o síndrome de Tourette e o síndrome de Marfan.

Cada grupo fixo a destreza de pensamento Diamante, asociada á enfermidade que estudou.

Tamén fixemos fincapé na labor das asociacións, que son un apoio para os enfermos e familias, visibilizando a problemática destas enfermidades. Tamén fan unha gran labor recaudando fondos para a investigación, na procura de novos medicamentos para mellorar a calidade de vida destas persoas.

Deixamos constancia dos traballos nun mural.