sábado, 4 de mayo de 2019

PREMIO PARA "PERDIDO" NA XI EDICIÓN DOS RECURTA


O que empezou sendo un proxecto da aula de Lingua Galega de 4º de ESO, onte día tres de maio, tivo o seu froito máis inesperado. A curta "Perdido" foi agasallada co premio á mellor actriz , Sofía Rodríguez Piñeiro, na XI edición dos Premios Recurta .
O acto de entrega de premios tivo lugar en Santiago, no hotel-monumento San Francisco, alí congregáronse todos os participantes deste concurso, rapazada de 1º ESO ata Bacharelato. Había dúas categorías, a primeira era de 1ºESO ata 3ºESO, e a segunda abranguía desde 4º de ESO ata 2º de Bacharelato.


O acto foi moi emotivo, pois todos os rapaces mostraban moita emoción ao recibir os seus premios, pois concurriron aos mesmos 166 curtas.

Pero como dícía arriba, "Perdido" empezou sendo un proxecto de lingua galega, no que se trataba de aprender todo o relativo á estrutura dun filme, desde como facer un guión, coas súas partes ben definidas, ata o tipo de planos, encadres....etc. Pero no medio do proxecto apareceu a convocatoria do concurso e os rapaces animáronse a participar de moi bo grao; pois a curta cumpría moitas das bases requeridas: en galego, o tema fomento dos valores, neste caso o poder da amizade fronte aos malos tratos, traballo en equipo, ....

Parabéns a toda a clase pola implicación, pola ledicia coa que traballaron e por facer  eses días de verdadeiro traballo en equipo.



 
Aquí vos presentamos "PERDIDO", non teñades en conta os erros, foi a nosa primeira vez experiencia  pero fixémola con todo o noso corazón.