domingo, 10 de noviembre de 2019

LA FRANCOPHONIE






FRANCOPHONIE:On entend aujourd'hui par francophonie (avec une minuscule initiale) l'ensemble des PEUPLES ou des groupes de locuteurs qui utilisent partiellement ou entièrement la langue française dans leur vie quotidienne ou leurs communications. Le terme Francophonie (avec une capitale initiale) désigne plutôt l'ensemble des GOUVERNEMENTS, pays ou instances officielles qui ont en commun l'usage du français dans leurs travaux ou leurs échanges.

 FRANCOFONÍA: Hoxe en día enténdese por francofonía (coa inicial em minúscula) ao conxunto dos POBOS ou de grupos de locutores que utilizan parcialmente ou enteiramente o idioma francés na súa vida cotidiá ou nas súas comunicacións. O termo Francofonía (Coa inicial en maiúscula) designa sobre todo ao conxunto dos GOBERNOS, paises e instancias oficiais que teñen en común o uso do francés nos seus traballos ou nos seus intercambios.

Cette année, les éléves de 4ième ESO ont étudié la "Francophonie". Le prémier exercice a été de faire une pluie d'idées pour savoir quelles étaient les idées des jeunes sur ce sujet, et sur les pays qu'ils consideraient francophones.

Este ano, os alumnos de 4º de ESO estudaron a "Francofonía". O primeiro exercicio foi facer unha chuvia de ides para saber cales eran as ideas que os rapaces tiñan sobre este tema e que paises formaban parte da francofonía.

Le deuxième pas a été de faire une recherche pour savoir tous les pays qui composent la francophonie, les institutions qui emploient le français comme langue officielle, le lieu qui occupe comme largue parlée...... et beaucoup de choses en plus.

O segundo paso foi facer unha investigación para saber que países forman parte da francofonía, as institucións que empregan o francés como idioma oficial, o lugar que ocupa como lingua falada .....e moitas cousas máis.


Le travail plus dur a été faire la exposition oral en même temps qu'on cherchait le pays sur une carte du monde.

O traballo máis duro foi facer a exposición oral ao mesmo tempo que se buscaban os paises nun mapa do mundo.



AS NOSAS REVOLUCIÓNS (HISTORIA)

Estes días acabamos de estudar en Historia as revolucións liberais do século XIX para ser conscientes da loita de moitas persoas que conseguiron que desapareceran os privilexios do Antigo Réxime e chegaran a igualdade de dereitos, as liberdades e as democracias.

A Revolución Francesa foi o noso gran referente e resumímola así.





Pero tamén somos capaces de recoñecer que esa loita continúa hoxe en día, que ás veces a teoría non é a práctica e as desigualdades (chámense racismo, discriminación de calquera tipo, violencia…) ensombrecen a convivencia e soamente nós podemos acabar con elas.
Intentar liderar unha revolución cos temas que lles preocupan aos alumnos  de 4º da ESO foi o obxectivo desta tarefa que consistía en elaborar e defender en público un discurso coas nosas reivindicacións e ilustrar eses contidos nun póster.

Estes son algún fragmentos dos discursos dos rapaces:

Preocúpanos o cambio climático:

 “Estou farta de ver que a xente con voz e voto ve como o Ártico se desxea ou como o Amazonas se queima ou todos os desastres naturais que están a pasar e non fan absolutamente nada. Pensades que empregar botellas reutilizables en lugar das de plástico non serve? Que reciclar é útil? Que o burato no capa de ozono é unha ficción? Que a flora e fauna non se están a extinguir?

"De verdade custa tanto levantarse a tirar o lixo cando estás na praia? É un pequeno esforzo que pode salvar moitas especies mariñas”

“Non vos gustaría que os vosos fillos se bañaran tranquilamente sen que miles de algas invadan o mar, ou ver as estrelas sen que a contaminación o impida?. Se non facemos nada, o cambio climático ven para quedarse.”



Preocúpanos os dereitos e as liberdades das persoas:

 “Queremos un país unido e un futuro próspero. Que pensas cando che din que a túa xeración ten o peor futuro que se recorda?”

“Hai xente que ten condicións de vida que non son dignas, que teñen salarios moi baixos, que non teñen dereito á sanidade, a unha educación básica, nenos que teñen que traballar para axudar ás súas familias para saír adiante”

“Todos os días vemos no telexornal noticias onde unha muller é asesinada, pelexas por motivos raciais ou insultos nas rúas simplemente pola forma de vestir. A realidade é que vivimos nunha sociedade na que moitas veces, eses dereitos e liberdades son oprimidos polos demais”

“Por que os rapaces sempre somos os malos, os irrespetuosos, os preguiceiros? Por que eu como muller non podo saír á rúa soa? Por que no mundo hai xente tan rica e outra tan necesitada?

“Non entendo que haxa nenos aos que lles inculcan valores como a homofobia, o racismo ou a violencia”.

“Hoxe, mañá e todos os días imos berrar polas que xa non teñen voz, imos xuntarnos para facer un mundo mellor libre de violencia”.