martes, 8 de noviembre de 2016

A REVOLUCIÓN FRANCESA NA HISTORIA


Durante estes días traballamos en clase de Historia a Revolución Francesa. Unha das tarefas consistía en facer un cartel no que tiñamos como pautas: destacar o lema “Liberdade, igualdade e fraternidade”, adxuntar un plano do París daquela época localizando os lugares emblemáticos e incluir tamén os símbolos características da revolución.




Seguimos coas revolucións de 1820-1848 e vimos un fragmento da película "Os miserables" para poñernos en situación. Tomando como referencia o cadro de Delacroix “A liberdade guiando ao pobo” erixímonos en portavoces de quen nos quixera escoitar e adoptamos esas proclamas ao mundo actual cos nosos mellores discursos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario