martes, 28 de febrero de 2017

PEGADAS DA GRAN GUERRA

Acabamos de rematar hai pouco en Historia o tema da I Guerra Mundial no que dedicamos un tempo ao estudo da propaganda bélica, unha das armas máis importantes que utilizaron ambos bandos para minar a moral dos inimigos. Os rapaces recrearon carteis onde os países en conflito chamaban a mobilizarse  e recrutar soldados e animaban ás mulleres a levar o mando deses Estados mentres os homes estaban na loita.

Despois puxéronse no lugar dun deses soldados, da súa moza ou muller ou da súa nai e escribiron cartas dende as trincheiras ou cara elas para amosar como sentían esas familias o estar separadas por unha guerra longa e cruenta. Todos documentaron as súas misivas coa información desa época e asumiron o seu papel.



No hay comentarios:

Publicar un comentario