viernes, 8 de febrero de 2019

PEGADAS DO PASADO

Comezamos o trimestre facendo un proxecto sobre os fósiles. 
Por que son importantes? Como se forman? Que información nos aportan? Como podemos estudalos?
Todas estas preguntas son de vital importancia para poder saber máis sobre o pasado, e tamén, do presente.
Neste traballo fixeron unha investigación sobre os fósiles, como é proceso de fosilización, tipos de fósiles que existen e as súas características.
Toda esta información a levaron a unha infografía ou a un  tríptico, como vemos nos exemplos seguintes:


Neste tríptico vemos que tamén podemos ampliar a información a través do código QR que contén.


Seguindo co proxecto, por que non facer un fósil?
Agora que xa sabemos que tipo de fósiles hai e como se formaron, cada alumno buscará información sobre un fósil en concreto e intentará facer unha reprodución, que irá acompañada dunha ficha explicativa.
Aquí vos deixo fotos dalgúns dos fósiles que fixeron. Hai un pouco de todo: pegadas, fósiles de vexetais, ósos, cunchas, etc.






Para rematar o proxecto cada grupo fai unha destreza de pensamento: Metáfora-Diamante. 







Todo o traballo quedou exposto no tablón do pasillo. Así, tamén poden velo os demáis alumnos.


Como punto final do proxecto contamos coa axuda dun compañeiro de 2º ESO, Juan.  
Juan é moi aficionado ao tema dos fósiles, e sobre todo, ao mundo dos dinosaurios. Así que contamos con el para que nos dera unha charla.
E a verdade e que o foi super interesante. Aprendemos un montón sobre diferentes especies de dinosaurios, as súas características, como vivían, en que época existiron, e incluso, en que películas ou videoxogos aparecen.
Moitas gracias Juan!!



1 comentario:

  1. gran labor la que hacéis en este colegio, explotando las habilidades de los niños y haciendo sentir seguros a los que no creen o no pueden desarrollar las suyas.
    bravo por Juan que se esfuerza cada día por crecer y mejorar y bravo por vosotros por acompañarle en ese esfuerzo
    un saludo

    ResponderEliminar