martes, 16 de enero de 2024

ENFERMIDADES RARAS

Dentro da temática da Xenética, os alumnos de 4º ESO estudaron onde está a información xenética e coma alteracións nesta información pode provocar a aparición de anomalías nos individuos.

Por grupos estudaron un cariotipo. Trala súa análise, fixeron unha exposición oral para explicar ao resto da clase que alteración xenética presentaba e que caracteriza aos individuos que a presentan.

Por outra banda, tamén investigaron sobre as enfermidades raras. Que son? Cales son as máis coñecidas? Por que se chaman así? 

Así que, nada mellor que investigar sobre elas para respostar todas estas preguntas e aprender máis cousas.

Así, investigaron por grupos, a proxeria, a enfermidade de Prader-Willi, a insensibilidade conxénita á dor, o síndrome x-fraxil, o síndrome de Tourette e o síndrome de Marfan.

Cada grupo fixo a destreza de pensamento Diamante, asociada á enfermidade que estudou.

Tamén fixemos fincapé na labor das asociacións, que son un apoio para os enfermos e familias, visibilizando a problemática destas enfermidades. Tamén fan unha gran labor recaudando fondos para a investigación, na procura de novos medicamentos para mellorar a calidade de vida destas persoas.

Deixamos constancia dos traballos nun mural.



No hay comentarios:

Publicar un comentario