jueves, 19 de octubre de 2017

A NOTICIA

Os alumnos de 4º ESO están a repasar os xéneros xornalísticos aprendidos o curso pasado , e que mellor forma que facelo de maneira práctica.
Hai dúas semanas tiveron a oportunidade de facer de xornalistas cando asisteron a unha charla organizada polos compañeiros de Ciclo Formativo.
A súa tarefa era redactar a noticia do alí acontecido. Vede o resultado , escrito neste caso por Anxo Rodríguez.

CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO NO CPR SAN JOSÉ.
 Os alumnos contaron coa visita dunha emprendedora para contarlles a experiencia en primeira persoa.

A  clase de 4º de ESO, xunto coas de 1º e 2º de Ciclo Formativo , asistiron o mércores 11 de outubro a unha charla sobre emprendemento no CPR San José.
O coloquio desenvolveuse na biblioteca do terceiro andar. Nun primeiro momento foron os alumnos de Ciclo os que introduciron o tema, que é o emprendemento e como se está a desenvolver no noso país.
Depois contaron coa presenza de Marta Camino, unha emprendedora que relatou a súa experiencia persoal aos alumnos.
Ao rematar a súa intervención, os asistentes realizaron algunhas preguntas de interese á experta.
Rematadas as cuestións, os alumnos voltaron ás súas clases onde lles foi encargada a tarefa de redactar a experiencia en forma de noticia.




1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar