lunes, 30 de octubre de 2017

REBELDES CON CAUSA

Estamos a falar estes días na clase de Historia da Revolución Francesa, o acontecemento que esixe os dereitos fundamentais, a liberdade e a igualdade para todos eses homes que padeceron durante séculos as monarquías absolutas do Antigo Réxime. 
Inspirados nesa poboación valente que loitou a partires de 1789 e en particular no cadro “A liberdade guiando ao pobo” de Eugene Delacroix trasladamos esa forza á actualidade para rebelarnos tamén contra as inxustizas e na procura de seguidores para a nosa particular revolución. 
Estes son algúns dos alumnos que cos seus elaborados discursos quixeron alzar a súa voz en prol da liberdade dándolle ademais simboloxía coas súas propias creacións.





E o noso proxecto remata cunha tarefa compartida na que recreamos o París revolucionario.



No hay comentarios:

Publicar un comentario