lunes, 15 de octubre de 2018

CHARLA DAS FORZAS ARMADAS AOS RAPACES DE 4º ESO




Hoxe pola mañá, os rapaces e rapazas de 4º de ESO tiveron una visita moi especial.
Un oficial e un suboficial da Armada Española acercáronse ata a nosa clase para explicarlle ao alumnado todo o referente á vida militar como saída profesional.

Antes de nada, explicaron o que significaba "Forzas Armadas", que son as encargadas de garantir a soberanía e independencia  de España e defender a súa integridade .  Estas están formadas polo Exército de Terra, o Exército de Aire, a Armada Española, A garda Real e a Unidade Militar de Emerxencias, así como os denominados Corpos comúns.

Tamén se falou das misións no estranxeiro, neste punto o suboficial Vicente contou a súa experiencia persoal en Irak. As misións normalmente son de paz, de protección, de ensinar a protexerse e de estratexia.

Conseguimos saber como era a estrutura de mandos e o que hai que facer para acadar cada rango.

Por último, informóusenos do que hai que facer para ingresar no corpo das FFAA, pero como eles dixeron: hai que continuar estudando para labrarse un futuro.
Moitas grazas pola visita, pois agora temos una nova visión das FFAA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario