jueves, 22 de noviembre de 2018

ÚNETE A NÓS! (HISTORIA)






Aqueles homes e mulleres que en Francia se levantaron contra unha autoridade abusiva, contra a falla de dereitos e os privilexios dos estamentos altos inspírannos hoxe para botar unha ollada ao redor e ser conscientes da sorte que temos de vivir no tempo e lugar no que vivimos. Aínda así, os alumnos de 4º ESO non somos alleos aos problemas sociais, as carencias de liberdades, as inxustizas que seguen padecendo moitas persoas no mundo e que son portada día si día tamén dos xornais máis importantes.

Por iso, neste traballo quixemos converternos en líderes de opinión para arrastrar aos compañeiros a esa revolución de pensamento na que recoñecemos e avaliamos os problemas e intentamos inventarlle un remedio. Ademais, trasladamos as nosas propostas a símbolos propios e orixinais dos movementos e a lemas en pancartas inspiradas na revolución de 1789 como estas:






A modo de experimento, uns cantos valentes subimos no patio a un “speaker corner” (o recuncho do orador) improvisado para facer partícipes aos compañeiros das nosas ideas.


Ao mellor logramos que as palabras bonitas que nos enchen a boca ás veces non se queden soamente niso, en palabras que leve o vento senón que hoxe e sempre poidamos falar de LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario