sábado, 12 de enero de 2019

SÍNDROMES E ORGANISMOS TRANXÉNICOS

No primeiro trimestre en Bioloxía, fixemos un proxecto relacionado coa xenética.

Onde está a información xenética, a que herdamos dos nosos proxenitores? Por que herdamos certas características e outras non?

Investigamos sobre caracteres herdables e non herdables e tamén estudamos os procesos de reprodución celular, a mitose e a meiose. 

Cada grupo busca información e tamén a forma de como poden plasmalo.



Cada grupo, fixo un traballo que plamou nun póster, utilizando a súa imaxinación. E así son os resultados.








Para rematar, facemos unha destreza de pensamento: Comparar e contrastar estes proceos.

Agora que xa sabemos onde está a información xenética e tamén como se transmite.
Pero, podemos saber se imos herdar ou non algunha enfermidade? Que é unha alteración xenética? Podemos saber se un neno/a pode nacer cunha alteración?

Estudamos que é un cariotipo e como se realiza.

Cada grupo ten que completar un cariotipo e identificar que alteración presenta. Así, cada grupo investiga un síndrome en concreto, do que fará un estudo. Realizará unha presentación que será explicada ao resto da clase.






É importante tomar conciencia de que non todos somos iguais, e que respecto, axuda e integración, non soamente son palabras. 

Seguimos co noso proxecto, e agora toca estudar os organismos tranxénicos. 
Por que hai froita que dura máis tempo? Por que hay fresas tan grandes, ou hay variedades que resisten temperaturas máis baixas?

Así que, toca investigar que son estes organismos, como se poden modificar xenéticamente, e que vantaxes e incovenientes poden ter.

Cada grupo fará unha presentación e explicará un exemplo ao resto da clase.



Todo o traballo foi recollido nun mural que expomos no pasillo.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario