domingo, 10 de noviembre de 2019

AS NOSAS REVOLUCIÓNS (HISTORIA)

Estes días acabamos de estudar en Historia as revolucións liberais do século XIX para ser conscientes da loita de moitas persoas que conseguiron que desapareceran os privilexios do Antigo Réxime e chegaran a igualdade de dereitos, as liberdades e as democracias.

A Revolución Francesa foi o noso gran referente e resumímola así.





Pero tamén somos capaces de recoñecer que esa loita continúa hoxe en día, que ás veces a teoría non é a práctica e as desigualdades (chámense racismo, discriminación de calquera tipo, violencia…) ensombrecen a convivencia e soamente nós podemos acabar con elas.
Intentar liderar unha revolución cos temas que lles preocupan aos alumnos  de 4º da ESO foi o obxectivo desta tarefa que consistía en elaborar e defender en público un discurso coas nosas reivindicacións e ilustrar eses contidos nun póster.

Estes son algún fragmentos dos discursos dos rapaces:

Preocúpanos o cambio climático:

 “Estou farta de ver que a xente con voz e voto ve como o Ártico se desxea ou como o Amazonas se queima ou todos os desastres naturais que están a pasar e non fan absolutamente nada. Pensades que empregar botellas reutilizables en lugar das de plástico non serve? Que reciclar é útil? Que o burato no capa de ozono é unha ficción? Que a flora e fauna non se están a extinguir?

"De verdade custa tanto levantarse a tirar o lixo cando estás na praia? É un pequeno esforzo que pode salvar moitas especies mariñas”

“Non vos gustaría que os vosos fillos se bañaran tranquilamente sen que miles de algas invadan o mar, ou ver as estrelas sen que a contaminación o impida?. Se non facemos nada, o cambio climático ven para quedarse.”



Preocúpanos os dereitos e as liberdades das persoas:

 “Queremos un país unido e un futuro próspero. Que pensas cando che din que a túa xeración ten o peor futuro que se recorda?”

“Hai xente que ten condicións de vida que non son dignas, que teñen salarios moi baixos, que non teñen dereito á sanidade, a unha educación básica, nenos que teñen que traballar para axudar ás súas familias para saír adiante”

“Todos os días vemos no telexornal noticias onde unha muller é asesinada, pelexas por motivos raciais ou insultos nas rúas simplemente pola forma de vestir. A realidade é que vivimos nunha sociedade na que moitas veces, eses dereitos e liberdades son oprimidos polos demais”

“Por que os rapaces sempre somos os malos, os irrespetuosos, os preguiceiros? Por que eu como muller non podo saír á rúa soa? Por que no mundo hai xente tan rica e outra tan necesitada?

“Non entendo que haxa nenos aos que lles inculcan valores como a homofobia, o racismo ou a violencia”.

“Hoxe, mañá e todos os días imos berrar polas que xa non teñen voz, imos xuntarnos para facer un mundo mellor libre de violencia”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario